ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Entre xogos esperaban aos Reis os nenos de Vilariño de Conso

Os máis pequenos, acompañados polos seus familiares, agardaban entre xogos a visita dos Reis Magos a Vilariño de Conso. No pavillón polideportivo, ata onde se achegaban a partires das cinco da tarde do 5 de xaneiro as súas maxestades, os nenos xogaban e saltaban nos inchables ata a chegada da visita real. Despois había agasallos e doces para eles.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Cedidas

Artigos relacionados

Back to top button