ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xogos, literatura e moita música no III Serán de Manzaneda

Esta localidade celebraba o Día das Letras Galegas na tarde do 14 de maio cun variado programa de actividades

No campo de bolos ás catro da tarde. Así comezaba o 14 de maio o III Serán de Manzaneda. O programa arrancaba no patio do CEIP Manzaneda con xogos tradicionais, como os bolos e o tiro á chave, nos que participaban maiores e nenos. Logo viña o baile e a música galega coa actuación de diversos grupos como as Cantareiras da Rebusca, Os Bertolini (ambos de Manzaneda) e Airiños de Caldelas.

A partires das sete, escoitábanse os versos de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas do 2016, no local da Rebusca e xa, pola noite, ás 22:30h., estaba prevista a actuación do dúo Cantata Vernácula. Estes actos foron organizados polo Concello de Manzaneda en colaboración coa Asociación Cultural A Rebusca e co Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” da Deputación de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button