En portadaÚltima hora

Xogos populares e moita música tradicional no IV Serán Vila de Manzaneda

Esta iniciativa cutural, promovida polo Concello e pola Asociación A Rebusca, terá lugar o vindeiro 22 de abril
Os Bertolini durante no local da Rebusca, na pasada edición do Serán Vila de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

A tradición feita xogo, música e baile regresa unha primavera máis a terras de Manzaneda. Cun completo e suculento programa chega o IV Serán Vila de Manzaneda o vindeiro 22 de abril. Será unha xornada cultural e lúdica moi intensa que comezará a partires das once da mañá con xogos populares no patio da escola. Desputarase un campionato de billarda e bolos, no que ademais, como novidade, contarase coa Asociación Boca Monte fará unha demostración do xogo dos bolos celtas propio da zona de Anguieiros (Quiroga) e contorna.

Xa pola tarde darase paso ao baile e á música tradicional. Así ás 19h. desenvolverase un obradoiro de baile co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Ademais os membros desta entidade estarán acompañados polas Gorxas Bravas e polos Bertolini de Manzaneda.

Pola noite (dende as 23h.) os concertos tomarán o local social da Rebusca coas actuacións de Coanhadeira, Tanto nos ten e Repichoca.

Este programa cultural será promovido polo Concello de Manzaneda e pola Asociación Cultural A Rebusca.

Artigos relacionados

Back to top button