CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xogos, visitas culturas e ata unha pequena horta escolar, no verán infantil de Verín

A Ludoteca e o Campamento Urbano Támega 2018 pasou xa a súa terceira semana

A Ludoteca e o Campamento Urbano Támega 2018 superou xa a súa terceira semana de actividades culturais, deportivas e de ocio coas que o Concello de Verín busca cubrir o tempo de vacacións dos menores acompañados polos amigos.

Nesta terceira semana, a parte das actividades cotiás de xogos e contacontos, os pequenos asistentes puideron aprender a facer batidos de froita ou galleta, globoflexia, repasaron conceptos de reciclaxe e incluso a fixeron unha pequena horta escolar.

Ademáis puideron enriquecerse culturalmente cunha visita a Exposición de Arte Infantil, unha selección de obras elaboradas durante o curso 2017-2018 nas Aulas de Iniciación ás Artes Plásticas por nenos de 6 a 16 anos. Foi tamén unha semana de moito saír á rúa, facer deporte e refrescarse con saídas ao río Támega, á Pousa, ao Skatepark ou á Piscina Municipal.

Os cativos están divididos en grupos por idades e as actividades prepáranse en función das preferencias ou necesidades de cada un deles. Aínda queda moito verán por diante e os monitores seguen a traballar nas seguintes actividades.

Artigos relacionados

Back to top button