OurenseÚltima hora

Xoiería Prada, establecemento favorito do CCA do Couto

O local foi elexido polos participantes na iniciativa Máis que comercio!

Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos, Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de setembro nos negocios asociados ao Centro Comercial Aberto do Couto, na cidade de Ourense, elixiron como o seu establecemento favorito á Xoiería Prada.

Entrega do diploma á Xoiería Prada.
Entrega do diploma á Xoiería Prada.

Trátase dun obradoiro de xoiería e reloxería que se dedica tanto á venda de artigos de regalo, prata e ouro, como á reparación de xoias e reloxos e que leva implantado no barrio ourensán do Couto dende os anos 80. O negocio foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5 euros de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

Na entrega do diploma á xoiría tivo lugar o 22 de oututro nun acto no que tamén se entregaron os agasallos (un cheque por valor de 200 euros e outro por valor de 100 euros) aos clientes gañadores. Entre os asistentes estaban o presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez, e a vicepresidenta do CCA, Carmen Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button