ConcellosÚltima hora

Xornada a favor de Manos Unidas, en Rubiá

Máis de 6.500 euros recadados para proxectos en Colombia e República Democrática do Congo

Once anos levan organizando en Rubiá o xantar a favor de Manos Unidas, unha xornada de convivencia que tiña lugar o pasado domingo 26 de abril. Os actos comezaban ás 12:30h. cunha misa e xa en torno ás dúas da tarde, tiña lugar o xantar solidario no pavillón deportivo da vila, no que se deron citan unhas 500 persoas.

Polos 5 euros que custaba a entrada, os asistentes puderon degustar un completo menú a base de empanada de carne e bonito, tortilla, bocadillos de chourizo, queixo e salchichón, unha gran variedade de doces e ata café. Pero a cousa non quedou aí e máis que un simple xantar, o de Rubiá foi unha verdadeira festa, con tómbola, mercadillo e baile incluído.

E todo, grazas á colaboración da xente das diferentes parroquias polas súas donacións “aos comercios de Rubiá e O Barco que donaron os artigos para a tómbola (máis de cen agasallos que se sorteron entre os que compraron as rifas), aos voluntarios que cederon todo tipo de produtos para vender no mercadiño e tamén aos que deron os ingredientes para o xantar (embutivo, recheo das empanadas, doces…) e por suposto a tódolos que axudaron a montar as mesas e a preparar as cousas, e aos que asistiron”. A que fala é Mª Carmen Núñez Fernández delegada de Manos Unidas en Rubiá e coordinadora do acto.

Un acto no que se recadaron 6.565,50 euros para dous proxectos en Colombia e na República Democrática do Congo (para un sistema de regadío e un hospital). 2.545 euros foron das entradas, 602 euros de donativos, 645 euros do mercadillo, 890 euros da tómbola, 761,50 euros da venda de artigos de Manos Unidas e 1.122 euros da venda de camisetas.

A recadación é o obxectivo principal desta xuntanza pero a propia Mª Carmen asegura que vai moito alá “é un día de convivencia na que a xente se divirte, é como un día de festa” asegura, contenta do conseguido, froito de varios meses de traballo. “Non é cousa dun día, porque levamos con isto varios meses”.

Artigos relacionados

Back to top button