EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre aproveitamento e conservación do castiñeiro, en Sober

Souto de castiñeiros./ Foto: Carlos G. Hervella.
A iniciativa, prevista para o 17 de febreiro, será organizada por O Colado do Vento en colaboración coa IXP Castaña de Galicia e a Cooperativa Amarelante de Manzaneda

A Biblioteca de Sober acollerá o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 11:15h. unha xornada dedicada ao “Aproveitamento e conservación do castiñeiro. A fórmula cooperativa”. Ademais de incluír unha charla informativa, a iniciativa contará cunha parte práctica no souto da Somoza.

Esta acción formativa será organizada pola Asociación O Colado do Vento de Sober en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia e con Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, de Manzaneda.

 

Cartel da xornada.

Artigos relacionados

Back to top button