ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de bolos en Punxeiro (Viana do Bolo)

21 parellas participan na XVI edición do torneo celebrado o sábado 20 de agosto

De Froxais, Quintela e Punxeiro (Viana do Bolo), de Xove (Lugo), de Mieldes e Cangas del Narcea (Asturias), de Camos (Nigrán) ou de Boiro (A Coruña). Son algúns dos lugares de procedencia das 21 parellas de boleadores (entre eles unha de mulleres) que na xornada do sábado 20 de agosto participaron na XVI edición do Torneo de bolos por parellas organizado polo Club de Bolos Punxeiro.

Con certo retraso sobre a hora prevista, en torno ás once da mañá arrancaba a ronda clasificatoria na que se decidían os campos nos que máis tarde tirarían as parellas: os de maior puntuación no campo 1, os seguintes no 2 e os peor clasificados no campo 3, todos no pobo de Punxeiro (Viana do Bolo). Despois comezaría o torneo propiamente dito que non remataría ata a noite, cun descanso para xantar na casa do pobo.

Como en toda competición, en Punxeiro os participantes loitan por conseguir a máxima puntuación, pero este torneo é, sobre todo, unha festa na que un grupo de amigos, amantes do tradicional xogo dos bolos reúnese unha vez ao ano para pasar un día xuntos, botar unhas risas, e de paso tentar facerse con algún dos premios.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button