EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de compras e sorteos no II Mercadiño de Nadal na Rúa

Unha vintena de postos están instalados na rúa Doutor Vila en horario de mañá e tarde

Pan, queixo, doces, crepes, artigos feitos en pizarra e madeira, xoguetes, bixutería, prendas de lá… E así ata unha vintena de postos de artesanía, gastronomía e comercio participan no II Mercadiño de Nadal da Rúa.

Por segundo ano consecutivo, dende as 11 da mañá e ata as dez da noite do sábado 22 de decembro, a rúa Doutor Vila acolle a mostra organizada dende o Concello, como unha das actividades do programa de Nadal. Entre os participantes hai comerciantes da comarca valdeorresa e tamén doutros puntos como Cea ou León, estando asemade presente, a asociación Peludines Callejeros de Valdeorras e a Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras.

Ademais de poder mercar algún artigo especialmente pensado para estas datas, tanto ás 13:30 como ás 20:30h. sortearanse lotes de agasallos entre os asistentes.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button