Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Xornada de coordinación de incendios forestais en Ourense

Na súa clausura participaban o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, entre outras autoridades

Máis de 200 persoas asistían á Xornada Técnica de Incendios Forestais, organizada o 4 de abril pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico, Garda Civil e Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamento.

Con esta iniciativa búscase crear un foro cos responsables de SPDCIF, Garda Civil de Tráfico e Seguridade Cidadá e Servizo de Emerxencias, no que expuxeron cuestións relativas a súa estrutura, funcionamento e mobilización dos medios que compoñen estes organismos. Así como destacar os aspectos positivos e aquelas melloras a levar a cabo na coordinación de Incendios Forestais de cara a implantalas na campaña de incendios forestais deste ano 2018.

Á clausura deste encontro asistían o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, ademais do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Artigos relacionados

Back to top button