Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Xornada de educación vial infantil en Trives

Estaba promovida por Protección Civil da Pobra de Trives e polo servizo de formación da DXT en Ourense

Na Pobra de Trives vén de desenvolverse unha xornada de Educación Vial para nenos. Nela participaban 110 escolares do CEIP Manuel Bermudez Couso e 20 alumnos de primeiro da ESO do IES Xermán Ancochea Quevedo.

Os alumnos desfrutaban dunha xornada lúdica e formativa organizada por Protección Civil Pobra de Trives e polo servizo de formación da DXT en Ourense, representado por Sinda Aguiar e polo xefe provincial de trafico David Llorente.

Fotos: Protección Civil de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button