CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de educación vial no CEIP Bibei de Viana do Bolo

Ademais dos alumnos deste centro, nesta actividade tamén participaban escolares dos colexios da Veiga e de Vilariño de Conso

A partires da nove da mañá deste venres 14 de xuño o patio do CEIP Bibei de Viana do Bolo convertíase en escenario de actividades e demostracións no marco dunhas completas xornadas de educación vial nas que participaba o alumnado deste centro, pero tamén o dos colexios da Veiga e do veciño Vilariño de Conso e os estudantes de 1º de ESO do IES Carlos Casares de Viana.

Nesta inicativa contábase coa participación do helicópero de Tráfico, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Viana do Bolo, do GES da Gudiña, da Policía Local de Viana, da ambulancia do 061 de Viana, do camión de bombeiros da Gudiña e da Cruz Vermella da Gudiña.

Ademais de poder achegarse aos diferentes vehículos e á aeronave, os escolares realizaban outras actividades formativas como un circuíto coas súas propias bicicletas e tamén en karts.

Estas xornadas, organizadas polo CEIP Bibei de Viana do Bolo e pola Dirección Xeral de Tráfico, desenvolvíanse ao longo de toda a mañá. Este tipo de iniciativas xa se vén desenvolvendo dende anos anteriores nestre centro de ensino vianés.

Fotos cedidas polo CEIP Bibei de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close