CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de Educación Viaria no CEIP Manuel Respino da Rúa

Protección Civil e Policía Local participaron na iniciativa levada a cabo na mañá do 8 de abril

Fomentar o uso da bicicleta e achegar aos máis pequenos nocións básicas sobre as normas de circulación (sinais de tráfico, uso dos pasos de peóns ou como comportarse nos cruces e rotondas…) era o obxectivo da xornada de Educación Viaria celebrada na mañá do 8 de abril no CEIP Manuel Respino da Rúa.

Organizada pola ANPA e polo propio centro escolar en colaboración co Concello, a actividade contou coa participación da Policía Local da Rúa e do equipo de Protección Civil, responsables da instalación do circuíto no patio e de dirixir aos cativos en bicicleta. Tal como explican dende o centro, na iniciativa participaron todos os alumnos do centro, dende Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria e moitos deles asitiron a clase en bicicleta. Ademais da parte práctica para todo o centro, os maiores (de 5º e 6º) asistiron a unha charla previa impartida por unha representante de Tráfico de Ourense, que incluíu a proxección dun vídeo informativo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button