CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de Educación Viaria no Colexio Divina Pastora do Barco

 

O curso escolar está a piques de rematar en Educación Intantil e Primaria, por iso os centros apuran as últimas actividades. Así, na mañá deste venres 18 de xuño os alumnos de 6º de Primaria do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras vivían unha intensa xornada de Educación Viaria.

Da man de Autoescuela Valderras (que leva anos realizando esta actividade), os alumnos asistiron ao longo do curso a varias clases teóricas e hoxe chegaba a clausura cun concurso e a participación da Policía Local do Barco e Ambulancias Sil.

Distribuídos por grupos, os cativos poideron comprobar de primeira man, como son os vehículos destes servizos de emerxercia: unha ambulancia e un coche da policía, así como o labor que desenvolven os profesionais. Dous axentes e un técnico sanitario amosaron aos cativos o equipo co que contan os vehículos, como funcionan,… Pola súa banda a monitora da autoescola tamén fixo o propio co coche no que os alumnos realizan as prácticas para sacar o carné de conducir.

Con todo, o prato forte chegaba despois co concurso, cunha especie de eliminatorias e unha final para descobrir ao vencedor.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button