OurenseÚltima hora

Xornada de Exaltación das Letras e a Música de Galicia, en Ourense

O Auditorio Municipal acollerá as actuacións de varios grupos da A. C. Música e Cultura de Galicia
Cartaz das xornadas.
Cartaz das xornadas.

O vindeiro 31 de maio o Auditorio Municipal de Ourense acollerá o concerto correspondente as XXIV Xornadas de Exaltación das Letras e a Música de Galicia, organizadas pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia.

No concerto, que comezará ás 19:30h. actuarán varios grupos da asociación: “Zoadeira” – cantareiras; Grupos de Pandeireta e Canto Infantil; Bandas Infantís de Música; Alumnos de Música e Movemento; “Cuncas do son” – Cantos de Taberna; e a Banda de Música do Concello de Barbadás.

Tal como informan dende a organización, entre as actuacións dos diversos grupos levarase a cabo a lectura de poemas de autores Galegos.

A entrade será de balde e podernase recoller as invitacións desde 1 hora e media antes do concerto no despacho de billetes do Auditorio.

Artigos relacionados

Back to top button