EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada de feira, mantendo as medidas de seguridade, en Manzaneda

 

Con numerosos postos e respectando as medidas de seguridade fronte ao Covid e as distancias, a vila de Manzaneda celebraba na mañá deste sábado 22 de outubro, unha animada feira. O recinto deste mercado ao aire libre contaba con postos de produtos alimentarios como froita, embutidos, calzado ou prendas de vestir. Non faltaban tampouco as pulpeiras habituais nos lugares de sempre.

Ademais durante a feira, os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda velaban para que se respectasen as normas de seguridade e hixiene en todo momento.

Tamén eran numerosas as persoas que facían unha paradiña nos bares da vila para tomar algo e desfrutar, sentados, dun pincho.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button