É unha oportunidade para que un negocio medre, pero implica unha serie de condicionantes e un proceso. Ao redor das franquicias xirará a xornada que a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organizará o vindeiro 26 de outubro no seu centro de formación no Barco (praza Andrés de Parada, 2, 1º planta).
Esta sesión, titulada “Multiplica o teu negocio coa franquicia, comezará ás 20h. e será impartida por Alberto Lázaro, director de organización e sistemas no sector industrial e consultor de desenvolvemento de negocio no sector telelcomunicacións. Na súa ponencia comezará explicando qué é unha franquicia, a situación actual da franquicia e logo comentará os pasos que deben darse para franquiciar un negocio. Tamén abordará as boas prácticas para que unha franquicia resulte un éxito.
As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse ou ampliar información sobre a xornada poñéndose en contacto con AEVA.