CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de iniciación á micoloxía en San Xoán de Río

Unhas vinte persoas asistían a esta actividade, promovida pola Asociación Cultural RíoMola e que se desenvolvía ao longo do sábado 14 de outubro

Primeiro escoitaban as explicacións e orientacións dos micólogos de Os Cogordos, ás dez da mañá, e logo as vinte persoas participantes na I Xornada Micolóxica RíoMola saían ao monte na procura de cogomelos. Facíano por grupos e guiados por un experto. Despois, ao redor das dúas, regresaban a San Xoán de Río cos exemplares atopados e facían un pequeno descanso para xantar.

Posteriormente, reuníanse na Aula da Natureza para asistir unha charla da man dos membros de Os Cogordos na que se explicaban as características e singularidades dos cogomelos, como paso previo á identificación e clasificación dos exemplares recollidos no campo. Dende Os Cogordos destacábase a excepcional meteoroloxía deste outono, tremendamente seco, o que está limitando a aparición de fungos en Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button