CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xornada de limpeza para o grupo de coidado do medio ambiente do CPR María Inmaculada de Verín

 

Con motivo da campaña nacional “1 m2 pola basuraleza” organizado polo proxecto Libera, Ecoembes e Seobirdlife, o grupo de coidado de medio ambiente Stars Nature Watchers do CPR María Inmaculada de Verín, representado nesta ocasión polas clases de 2º da ESO e acompañados dos seus profesores Flor Ojea e Manolo Estévez, colleron as súas ferramentas de limpeza (bolsas, luvas e pinzas), e sempre cos seus chalecos amarelos (Programa STARS de Mobilidade Sostible e Segura da DXT), apostando por unha mobilidade activa e ecolóxica, percorreron varias zonas da vila para poñer en práctica “o coidado da casa común” como di o Papa Francisco no seu encíclica LAUDATO SE, retirando un 40 kg de residuos, e é que, se cada un poñemos un pouco da nosa parte, o problema da contaminacíón empeza a solucionarse.

 

 

Despois, unha vez chegados ao centro, asistiron a unha charla sobre VMP (vehículos de mobilidade persoal), accidentalidade, alcol e drogas, bo uso da bicicleta e patinetes, dirixida a eles por ser os alumnos da materia de libre configuración “Movilidad sostible e segura” e impartida por Juan Carlos Nogueiras, tenente da garda civil de tráfico en Ourense , David Llorente, xefe provincial da DXT. e Sinda Aguiar, delegada de educación da DXT.

Artigos relacionados

Back to top button