DeportesÚltima hora

Xornada de orientación en bicicleta de montaña, en O Bolo

A primeira proba da Liga Galega de MTB-O 2021 reuniu a uns 80 participantes en terras valdeorresas

 

Tras unha primeira e impecable xornada de orientación a pé disputada o sábado, na mañá deste domingo 21 de marzo tocáballe o turno á xornada en bicicleta de montaña, a primeira proba da Liga Galega de MTB-O 2021, que reunía a máis de medio cento de participantes sobre o mapa de “O Serro-A Fraga dos Ladrois”.

A proba arrancaba ás 11 da mañá coa saída do primeiro dos 88 deportistas inscritos de clubs de toda Galicia nas diferentes categorías. Algúns xa non chegaron a saír, outros abandonaron, outros tantos deron erro na lectura da tarxeta e algúns entraron fóra de control, sendo preto de 60, os que chegaban á meta. Na categoría raíña (15 km), a elite, o vencedor foi Ángel García García de A Coruña Brigantia que empregaba un tempo de 1:15:44, facendo dobrete ao impoñerse o día anterior na proba a pé. Do club organizador, o Peña Trevinca Barco, Diego de la Torre Herrera participaba na categoría Masculino 40 (12,3 km).

 

 

A proba, organizada polo club valdeorrés, contou coa colaboración do Concello de O Bolo e da Federación Galega de Orientación así como de Protección Civil, con voluntarios de O Bolo e A Rúa velando pola seguridade dos participantes durante toda a fin de semana.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button