ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Mañá de pesca no Encoro de San Martiño, na Rúa

Unha docena de pescadores participaban no Open de Carpa organizado pola Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras

Non son pos tempos para a pesca, con escaseza de troitas e novas normas ilóxicas que o único que conseguen é que os afeccionados a esta actividade perdan interese. Aínda así, parece que pouco a pouco as novas xeracións vanse introducindo neste deporte social. Polo menos era o que parecía na mañá do 6 de agosto no Econcoro de San Martiño, na Rúa, onde se xuntaba media docena de cativos para participar no Open de Carpa organizado pola Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras.

Xunto aos cativos (acompañados e aconsellados polos pais) outros tantos adultos participaban nesta edición do campionato, que se celebraba en plenas festas de verán e que contou coa colaboración do Concello da Rúa, Deportes Aris, Iberdrola e Armería Alfer.

Na categoría de adultos, o primero clasificado foi Jesús Delgado, o segundo Joaquín Seco e o terceiro Basilio. Con respecto aos cativos, Raúl foi o primeiro, Daniel o segundo e Seul o terceiro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button