CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Xornada de portas abertas este domingo en Calabagueiros para apoiar ao CD Barco

O conxunto barquense xógase ante o Arnoia o pase aos play off

Afeccionados nas bancadas de Calabagueiros celebrando un gol do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Este domingo 24 de abril o campo de Calabagueiros vivirá outra intensa tarde de fútbol. A partir das 18 horas, no terreo de xogo o CD Barco e o Arnoia disputarán o último partido de liga, o da xornada 34, co que concluirán a competición regular na 3ª RFEF para dar paso aos play off.

“Uns play off nos que poderemos asinar a nosa participación se terminamos o encontro cunha vitoria, dado que na nosa visita o pasado domingo en Arzúa non o puidemos facer”, aseguran dende o club, lembrando que unha vez máis a entrada será totalmente gratuíta para todo o mundo. “Faremos unha xornada de portas abertas, para que a afección volva amosarnos o seu apoio, agarimo e calor nos últimos 90 minutos”, por algo o Centro de Deportes Barco sempre se caracterizou por ter unha das mellores afeccións da categoría. “Teñeno demostrado moitas veces e estamos seguros que esta vez, non será menos”, aseguran.

Hai dous anos, en plena pandemia, o Barco facía historia cun espectacular play off disputado no Estadio de Balaídos que precisamente pola situación sanitaria non puderon compartir coa súa xente. Por iso este ano, a un paso de volver repetilo, queren vivilo en casa e desfrutalo con todo, convidando a encher e vestir o campo de vermello e azul, dándolle forzas para lograr a vitoria que lle dé o pase.

 

Artigos relacionados

Back to top button