ConcellosO BarcoÚltima hora

Xornada de portas abertas na piscina climatizada do Barco nesta fin de semana

 

O Concello do Barco vén de facer públicas actividades que se ofertarán coa reapertura da piscina climatizada nestas instalacións deportivas na vindeira semana, así como as tarifas e o seu horario de apertura. Esta mañá o alcalde do Barco, Alfredo García, xunto aos concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, e de Sanidade, Orlando Saavedra, e a directora da piscina Rosario Cerreño, facían un percorrido para a prensa pola piscina.

Ademais mañá de 10h. a 14h terá lugar unha xornada de portas abertas para todos os que queiran coñecer a piscina e os seus servizos, e ata mañá está aínda está aberto o prazo de preinscrición. A partir do luns ábrese estas instalacións abriranse para as matriculacións, e para a súa utilización por parte dos que o desexen.

 

 

Tarifas

Todos os que formalizasen preinscrición ata mañá, sábado, non terán que pagar a taxa establecida para a matrícula, e os cen primeiros en formalizar a matriculación recibirán unha mochila de agasallo, tal e como adianta o Concello do Barco. Os abonos inclúen todas as actividades que se indican no folleto informativo.

 

 

No referente ao horario, a piscina pecharase péchase ao mediodía, para dar tempo a realizar tarefas de limpeza, mantemento e desinfección polo Covid 19.

Obras de mellora

Como novidades, entre as obras de mellora realizadas polo Concello para a reapertura da piscina (o concello investiu 400.000 euros para cumprir con todos os requisitos para a reapertura), inclúese a instalación dun sistema para o acceso de persoas con discapacidade e mobilidade reducida, así como un punto de desfibrilación, novos sistemas de climatización, e toda a instalación de placas solares.

Artigos relacionados

Back to top button