ConcellosÚltima hora

Xornada de portas abertas no Centro de día O Salgueiral do Barco

Está prevista para o mércores 6 de febreiro en horario de 16h. a 18h.
Exterior do Centro de día O Salgueiral do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Co fin de dar a coñecer as súas instalacións e os servizos que ofrece, o Centro de día O Salgueiral, no Barco, ten previsto celebrar unha xornada de portas abertas o vindeiro mércores 6 de febreiro en horario de 16 a 18 horas.

As xornadas incluirán un percorrido polas diferentes zonas do centro, así como unha charla informativa sobre o seu abano de servizos, seguida dun taller e merenda para todos os asistentes.

Este centro de día privado, que se inauguraba o pasado 27 de decembro, está situado na rúa Salgueiral número 7 da vila.

Artigos relacionados

Back to top button