ConcellosÚltima hora

Xornada de portas abertas para coñecer a restauración das pinturas murais da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober)

Celebrarase o vindeiro 17 de marzo (en horario de 11h. a 18h.) e está promovida polo Concello de Sober e pola Xunta

 

Dar a coñecer entre a veciñanza e os visitantes as obras de restauración das pinturas murais da igrexa de San Vicente de Pinol. É o obxectivo da xornada técnica de portas abertas que se celebrará o vindeiro 17 de marzo (en horario de 11h. a 18h.), promovida polo Concello de Sober a pola Xunta de Galicia.

No seu decurso a técnica encargada do proxecto, Montse Jiménez, recibirá a aquelas persoas ou grupos de persoas que amosen o seu interese, explicando os obxectivos do traballo de restauración sobre este conxunto e o seu avance mediante unha visita ao inmoble.

Os labores de restauración sobre o conxunto das pinturas murais da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober) comezaban o pasado mes de outubro e está previsto que as obras estean rematadas no mes de xuño.

O proxecto, financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo conta cun investimento de 109.021 euros. As obras están cofinanciadas pola Unión Europea a través de fondos FEDER. A empresa encargada de levalos a cabo é BABELIA CRBC S.L.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a participar nesta xornada de portas abertas que permitirá ver “por vez primeira” a totalidade das pinturas renacentistas ao descuberto, “unha auténtica obra mestra na Ribeira Sacra”.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button
Close