DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Xornada de promoción do atletismo base no Barco

As pistas barquenses de Calabagueiros acollían na tarde do 24 de novembro a primeira xornada de promoción de atletismo base desta tempada. Malia que o tempo non acompañaba e as probas ían desenvolvéndose con chuvias intermintetes, numerosos atletas de categorías menores (tanto de Valdeorras, como da escola municipal de atletismo de Trives) participaban nesta actividade.

O programa deportivo comezaba ás catro da tarde e incluía diversas carreiras, así como probas de lanzamentos e saltos. Esta xornada, promovida dende o Club Adas, estaba pensada para a promoción do atletismo e tamén como un entreno dos máis pequenos de cara a esta nova tempada.

Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close