PolíticaÚltima hora

Xornada de votacións na sede do PP no Barco

É a única de Valdeorras onde os militantes poden exercer o voto. Na provincia 516 militantes do PP poderán exercer o seu dereito ao voto para elixir aos candidatos á presidencia do partido

 

Un total de dez colexios electorais están habilitados na provincia de Ourense para que os militantes do PP poidan exercer o seu dereito ao voto para elixir aos candidatos á presidencia do partido. Entre elas está a do Barco de Valdeorras, que estará aberta ata as oito e media da tarde.

As outras nove mesas electorais ourensás están en Allariz, Bande, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Ourense, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. Uns 516 militantes populares están chamados ás urnas neste proceso electoral.

Por outa banda, no caso dos compromisarios, “finalmente só terán que votar 23 mozos da organización xuvenil Novas Xeracións, que deberán elixir a un compromisario de entre os catro candidatos presentados”, tal e como se informa dende o PP de Ourense.

Dende o PP tamén indican que “para o resto dos compromisarios, 72, non será necesaria a elección, pois logo de rematar o prazo de presentación de candidaturas, o pasado venres, o número de representantes correspóndese coa distribución establecida polo partido nas xuntas locais da provincia”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button