EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada do Igape sobre internacionalización en Valdeorras

O acto, previsto para o 8 de outubro no Barco, contará coa presenza do director xeral do Igape
O director xeral do Igape, con empresarios valdeorreses, na súa última visita á comarca./ Foto: Carlos G. Hervella.
O director xeral do Igape, con empresarios valdeorreses, na súa última visita á comarca./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Casa Grande de Viloira (O Barco) acollerá na mañá do 8 de outubro a xornada “Internacionalización: unha aposta para a competitividade das empresas galegas” . Trátase dun encontro enmarcado no “II Ciclo de reunións empresariais percorrendo a xeografía galega” e a súa organización correrá a cargo do IGAPE, en colaboración con AEVA e co el Círculo Empresarios de Galicia.

O programa desta xornada comezará ás dez da mañá cunha intervención do presidente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Javier Rodríguez Paradelo, e, de seguido, tomará a palabra o director xeral do Igape, Javier Aguilera, quen falará sobre “Instrumentos de apoio á internacionalización”. Logo darase paso a unha mesa redonda ao redor da temática “Internacionalización: unha aposta para a competitividade das nosas empresas”, coa participación de Rogelio Moral Calvo da Adega Roandi, dun representantes da Adega Virxe de Galir e de Francisco Izquierdo Martínez, presidente ejecutivo Grupo IZ.

A xornada completarase cun apartado de conclusións e un coloquio e o broche será un café e networking entre os participantes e convidados.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button