Galerías de fotos

Xornada festiva e reivindicativa en Xinzo de Limia polo 8M

Ao mediodía dábase lectura na praza Maior da vila a un manifesto que facía fincapé nas reivindicacións de igualdade

A praza Maior de Xinzo convertíase en centro da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en Xinzo de Limia. Nela o CIM, pertencente a concellería de Servizos Sociais, colocaba unhas mesas para informar a todos e todas das actividades que neste momento están a realizar. Neste espazo reuníanse veciños e representantes de diversos colectivos.

Cruz Vermella, Limisi, o propio CIM e a asociación contra o Cancro repartiron información e departiron cos presentes. As 12h. a asesora xurídica do CIM daba lectura o manifesto deste ano 2019, no que se fixo fincapé nas reivindicacións de igualdade de xénero e en dicir non a que haxa máis mulleres asasinadas “por violencia machista, así como agresións, violación, explotación sexual….”.

Fotos cedidas polo Concello de Xinzo.

Artigos relacionados

Back to top button