ConcellosÚltima hora

Xornada formativa sobre “Defensa contra a Vespa velutina no colmear”, en Vilamartín

Esta actividade, promovida pola Asociación Valdeorresa de Apicultores, terá lugar o 30 de novembro

 

A Asociación Valdeorresa de Apicultores organizará na vindeira fin de semana unha nova actividade formativa. Desta volta “imos ter unha formación para loitar contra a Vespa velutina dentro do colmear”, adianta o seu presidente, Armando Rodríguez.

Esta sesión está programada para o sábado día 30 a partir das catro da tarde. Será no salón de actos do Edificio Santa Lucía, en Vilamartín. Terá un parte teórica e outra práctica e “se dá tempo aprenderemos a facer arpas eléctricas”, indica Armando Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button