EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada informativa en Trives sobre axudas á rehabilitación de vivendas

A sala de reunións da Casa do Concello da Pobra de Trives acollerá o vindeiro 9 de maio ás 19h. unha xornada informativa sobre as axudas á rehabilitación e renovación de vivendas. Será impartida a través da Xefatura Territorial de Infraestruturas e Vivenda.

Nesta sesión facilitarase a información, colaboración e asesoramento necesario para tramitar eficazmente as subvencións convocadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, tal e como se indica dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button