En portadaÚltima hora

Xornada informativa sobre seguros agrarios para viñedo, o 14 de novembro na Rúa

Terá lugar a partires das 19.00 horas no Centro Cultural Avenida rues e será organizada polo CRDO Valdeorras e pola Consellería do Medio Rural
Viñedos afectados pola xeadas de abril en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Responsables da Consellería do Medio Rural e tamén do eido dos seguros participarán na xornada informativa sobre seguros agrarios para viñedo que se impartirá o vindeiro martes 14 de novembro ás 19h. no Centro Cultural Avenida da Rúa (rúa Progreso, 90).

Esta actividade será organizada polo Consello Regulador da D.O. Valdeorras en colaboración coa Consellería do Medio Rural. O seu obxectivo é, segundo destaca o presidente deste Consello Regulador, José Luis García Pando, “favorecer a contratación de seguros por parte dos viticultores que lles poidan axudar a paliar, no futuro, perdas na colleita que poidan estar causadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou por outras continxencias”.

Nesta charla, segundo se adianta dende o CRDO Valdeorras, participarán o subdirector xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural, Nicasio Mejuto; o xefe do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural, Víctor Novo; o director territorial Noroeste de Agroseguro, Ramón Martín, e o xefe do Servizo de Estudos e Investigación en Producións Agrícolas e Forestais de ENESA, Jesús Gregorio.

Artigos relacionados

Back to top button