SanidadeÚltima hora

Xornada informativa sobre silicose no Hospital Comarcal Valdeorras

Está prevista para o 18 de febreiro ás 18:30h. e será organizada pola Federación de Industria de CCOO
O Hospital Comarcal Valdeorras acollerá esta conferencia.

O salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, acollerá o vindeiro 18 de febreiro ás 18:30h. unha acción divulgativa sobre silicose, organizada por a Federación de Industria de CCOO. Nesta xornada contarase con Luis Javier Vázquez López, membro da comisión de participación do Hospital de silicose (INS), que falará da prevención no ámbito laboral, da diagnose e evolución da enfermidade, e responderá ás dúbidas que os asistentes lle poidan manifestar.

Dende CCOO Industria de Ourense destábase a “importancia dos temas a tratar” nesta sesión, “tendo en conta en como está a afectar esta lacra aos traballadores da nosa comarca”.

Artigos relacionados

Back to top button