EconomíaEconomíaGalerías de fotosMicoloxíaÚltima hora

Xornada micolóxica en Manzaneda

Teórica, pero tamén práctica era a xornada micolóxica que se desenvolvía o 2 de novembro no espazo do CEIP Manzaneda. Esta actividade, incluída no programa cultural de outono e inverno do Concello de Manzaneda, comezaba ás once da mañá e prolongábase ata a tarde. Nela participaban doce persoas.

A xornada estivo impartida por representantes da Asociación Os Cogordos de Ourense. Incluía, ademais dunha charla, unha saída ao monte para recoller cogomelos, que logo se clasificaban e se preparaban. Ademais tiña lugar unha degustación.

Fotos: Jose Antonio Rguez Guerra

Artigos relacionados

Back to top button