ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Xornada Micolóxica en Vilariño de Conso o 11 de outubro

 

O mundo dos cogomelos será o eixo da actividade que se organizará o vindeiro 11 de outubro en Vilariño de Conso. Trátase dunha Xornada Micolóxica que se iniciará as 10:30h. cunha charla no Centro de Interpretación do Cogomelo, que será impartida por Alejandro Míguez, fundador e secretario da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova.

Posteriormente, ás 12h. terá lugar unha andaina para a recollida de cogomelos e xa arredor das 13:30h. procederase á clasificación dos exemplares recollidos. A xornada é gratuíta e terá un límite de 20 prazas.

Artigos relacionados

Back to top button