EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada no Bolo sobre planificación e deseño de plantacións de castiñeiro de froito

Será impartida pola IXP Castaña de Galicia na tarde do 20 de outubro no salón de actos do Concello

Plantación de castiñeiros./ Foto: IXP Castaña de Galicia.

 

O vindeiro 20 de outubro terá lugar no Bolo a sesión formativa “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións”.  Será impartida a partir das 17h. no salón de actos do Concello polo secretario da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Manuel López Vilariño. A súa duración será de catro horas.

As persoas interesadas en asistir poderán descargar a folla de inscricón, que é gratuíta, en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2020 . Despois deberá cubrirse e enviarse ao correo info@castanadegalicia.org .

Artigos relacionados

Back to top button