OurenseÚltima hora

Xornada online de adopción e convivencia responsable, este domingo da man de APMOU

A actividade, organizada pola Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensás, retransmitirase a través de Facebook e Youtube

 

A Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensás (APMOU) continúa co seu calendario de actividades. A próxima cita será este domingo 27 de setembro, coa V Xornada de adopción e convivencia responsable, que debido ás circunstancias excepcionais provocadas pola pandemia será online, retransmitido a través de Facebook e Youtube.

Así, entre as 12 e as 21 horas, profesionais de distintos ámbitos farán as súas ponencias sobre variados e imprescindibles temas. A apertura correrá a cargo de Emilio Ortiz e a clasura de Aecam Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close