EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Xornada para valorar a colleita valdeorresa do 2013, no Barco

Esta cata, promovida por Aeva en colaboración co CRDO Valdeorras, está prevista para o vindeiro 11 de decembro no Barco
Jorga Mazaira na xornada de cata organizada por Aeva./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Jorga Mazaira na xornada de cata organizada por Aeva./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O Centro de Formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), no Barco, acollerá na tarde do 11 de decembro unha xornada de cata “Valoración da colleita 2013”. Será impartida polo director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Jorge Mazaira, e comezará ás 19:30h.

Nesta xornada probaranse mostras que xa foron valoradas polo comité de cata do consello, o que permitirá contrastar a valoración profesional coa opinión do público. Esta cata será organizada por Aeva en colaboración co CRDO Valdeorras. As inscricións poderán realizarse en Aeva. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nas oficinas de AEVA.

Artigos relacionados

Back to top button