EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada práctica de aforro enerxético na empresa, no Barco

Impartíase na tarde do 15 de outubro no Centro de Formación de AEVA
Un dos momentos da xornada, celebrada no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da xornada, celebrada no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Cómo xestionar os custes enerxéticos, qué tentacións evitar e qué medidas aplicar. Son algunhas das preguntas ás que, dun xeito práctico, buscaba dar resposta á xornada “Aforro de custes enerxéticos na empresa que se desenvolvía na tarde do 15 de outubro no Barco.

Esta sesión formativa tiña lugar no Centro de Formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e nela participaban como relatores Alberto Méndez, fundador e director de CO2 Smart Tech, e por Gema Rodríguez, responsable financeira desta mesma empresa.

Os dous relatores da xornada desenvolvida no Centro de Formación de AEVA./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Os dous relatores da xornada desenvolvida no Centro de Formación de AEVA./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O programa tratado incluía puntos como medidas de aforro enerxético e os pasos a dar para aplicalas, tendencias de xestión de custes enerxéticos, o impacto na conta de resultados, casos de éxito (resultados da mellora continua, o efecto do “vixilante” e redución de custes de inversión no novo equipamento da empresa) e a solución “co2st tem”.

Esta xornada foi organizada por AEVA en colaboración con CO2 Smart Tech.

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.)

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close