ConcellosÚltima hora

Xornada práctica de apicultura en Valdín (A Veiga)

Esta acción formativa desenvolverase o vindeiro 31 de maio e será organizada pola Oficina de Fomento Cooperativo
Detalle do cartaz desta xornada práctica.
Detalle do cartaz desta xornada práctica.

Formación práctica no mundo da apicultura. É o que se pretende a través da xornada “Apicultura: apiarios e colmeas”, que se desenvolverá o 31 de maio na localidade veiguesa de Valdín e que será impartido por Xesús Asorey, técnico da AGA. Terá un horario que vai das 10h. ata as 14h. pola mañá, e, de tarde, de 16h. a 19h.

Esta acción terá un carácter fundammentalmente práctico e centrarase en temas como o asentamento do apiario (factores a ter en conta), flora melífera do entorno, revisión de colmeas (control de enfermidades e reservas alimenticias), control de raíñas (división de colmeas) e distintos métodos

Para poder inscribirse será imprescindible ter traxe de apicultor. As persoas interesadas poderán anotarse chamando ao teléfono 988 35 00 00 ou no correo electrónico [email protected] A iniciativa será promovida pola Oficina de Fomento Cooperativo da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button