EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre “A equidade laboral e a súa relación coa competitividade”, o día 14 no Barco

Este encontro desenvolverase a partir das 12h. na Casa Grande de Viloira

 

Igualdade, empresa, mercado de traballo e oportunidades. Serán os eixos arredor dos que xirará a xornada-coloquio que se iniciará ás 12h. do vindeiro 14 de novembro na Casa Grande de Viloira (O Barco). Este encontro, titulado “A equidade laboral e a súa relación coa competitividade”, estará organizado pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración coa Asociación de Executivas de Galicia e coa Secretaría Xeral de Emprego de la Xunta de Galicia.

O acto inaugural contará coa asistencia de Covadonga Toca Carús, xecretaria seral de Emprego; da presidenta de AEVA, Araceli Fernández; de Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia; e de Rocío de Frutos Madrazo, directora provincial INSS en Ourense.

A primeira das sesións do programa correrá precisamente a cargo de Rocío de Frutos que abordará a “igualdade de oportunidades no ámbito laboral e empresarial”. Despois Anabel Díaz, directora de IDAE Consultores, falará sobre “Medidas que impulsan a equidade laboral e a competitividade empresarial” e Marian Sales Pérez, coordinadora de sistemas de xestión de Acoval, amosará experiencias empresariais. O peche da xornada virá da man de Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button
Close