EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre a Universidade a distancia e a empresa, na CEO

A UNED explicou as amplias posibilidades de colaboración entre a comunidade científica e investigadora e o tecido empresarial

 

Establecer colaboracións científicas e técnicas entre as empresas e entidades públicas de Ourense e os investigadores da UNED das diferentes áreas de coñecemento, é o obxectivo principal da xornada “A Universidade ao servizo das empresas” que se desenvolvía na tarde do 4 de marzo na sede da CEO, contando co director da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, (OTRI) Sixto Jansa, encargado de organizar este traspaso de coñecemento entre a empresa e a Universidade.

Marisol Novoa, presidenta da Confederación e Jesús Manuel García como director da UNED en Ourense presentaron a xornada e ao ponente, coincidindo nas vantaxes e idoneidade desta colaboración na que “a CEO atesoura unha ampla experiencia con distintas universidades e facultades, e apostou sempre por promover esta cooperación, pois sempre considerado fundamental a vinculación entre o entorno empresarial e mundo universitario”, afirmaba Novoa.

Jansa centrou a súa ponencia en mostrar as modalidades de colaboración co fin de informar e establecer contacto directo con empresas e entidades para reforzar as súas capacidades en determinados aspectos, dende o desenvolvemento de novo produtos e liñas de actividade, a asistencia en innovación de procesos e adquisición de tecnoloxía, a dixitalización, robótica e Intelixencia artificial, o a transformación do modelo de negocio e a participación en convocatorias de axuda á I+D+i, sen esquecer outrs temas como a auditoría tecnolóxica e determinación de oportunidades, a analítica de datos para a segmentación de clientes e fixación de prezos, terminando cun apartado de desenvolvemento de contidos e capacidades para o turismo rural.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button