EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre a Vespa Velutina na Agasp

Nesta acción formativa participaban efectivos de Protección Civil e Emerxencias que colaboran na retirada de niños desta especie
Acto inaugural da xornada da Agasp.
Acto inaugural da xornada da Agasp.

No marco do programa galego de vixilancia e control fronte a Vespa Velutina, a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) organizaba o 16 de novembro en Santiago unha xornada formativa sobre esta especie co fin de dar a coñecer as diferenzas deste tipo de avespa e o modo de eliminación dos seus niños

A Vespa Velutina ou avespa asiática é unha especie invasora que chegou a Europa no ano 2004 e en Galicia detectouse no ano 2013. Nese senso constitúe unha ameaza para a biodiversidade autóctona pola súa predación sobre outros insectos, especialmente as abellas, que supoñen unha parte importante da súa dieta, tal e como se informa dende a Xunta.

Para controlar a poboación desta especie invasora é importante, segundo se destaca dende a Administración galega, eliminar os niños, sempre que sexa posible. Por iso, dende a Xunta se informa de que no caso de detectar un, non se achegar a el a menos de cinco metros e se debe comunicar ao número 012.

Participantes na xornada.
Participantes na xornada.

Na inauguración desta xornada participaba o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o secretario xeral da Agasp, o valdeorrés Ramón Quiroga Limia. Na organización desta acción participaban tanto a Consellería de Presidencia como as do Medio Rural e Medio Ambiente. “Desta maneira dáse resposta á demanda dos colectivos de emerxencia e protección civil, que en ocasiones necesitan prestar apoio ao persoal especializado na súa retirada e eliminación”, indican dende a Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button