EconomíaEconomíaÚltima horaViticulturaXVIII Feira do Viño Valdeorras

Xornada sobre acreditación oficial de paneis de cata de viños, no Barco

Esta acción formativa, promovida pola EVEGA, será o limiar do programa da XVIII Feira do Viño de Valdeorras
Detalle do cartaz desta xornada técnica que se celebrará no Barco.
Detalle do cartaz desta xornada técnica que se celebrará no Barco.

As esixencias e as dificultades que trae canda si a acreditación dun panel de cata serán analizadas o 7 de xullo no Barco no marco da xornada técnica “Acreditación dun panel de cata de viños. A norma UNE-EN-ISO/IEC 17025”. Celebrarase a partires das 9:30h. no salón de actos do edificio multiusos do Concello barquense e o seu programa encetarase cunha ponencia adicada á “avaliación dos catadores. Requisitos para formar parte dun panel de cata de viños acreditado. Os paneis de cata profesionais”. Será impartida por Antonio Tomás Palacios García, doutor en Microbioloxia pola ETSI e enólogo.

De seguido, os directores técnicos dos consellos reguladores de Ribeira Sacra e Valdeorras, Beatriz Soto e Jorge Mazaira, respectivamente, abordarán á problemática da acreditación nos consellos galegos. A xornada continuará con Rosa Sanjuán, técnica do departamento de análise sensorial da empresa Consumolab, que tratará as dificultades dos paneis de cata (segundo a norme UNE-EN-ISO/IEC 17025) no contexto da acreditación dos consellos reguladores. Posteriormente, desenvolverase unha mesa redonda dedicada ás “dificultades para acreditar un panel de cata de viños”, que será moderada por Alfonso Losada.

A través desta xornada perséguense catro obxectivos principais: a harmonización de criterios, obxectivos da avaliación (cada parámetro que se vai avaliar debe estar definido e dispoñer dunha referencia sensorial de cada prescriptor), a especificidade e o coñecemento da norma UNE-EN-ISO/IEC 17025, “na cal se obriga a un programa de selección e adestramento co gallo de asegurar que todos os expertos en análise sensorial teñen a debida formación para as tarefas encomendadas”, segundo se indica dende a organización, en mans da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), en colaboración co CRDO Valdeorras e co Concello de O Barco.

Este encontro está dirixido principalmente “aos catadores dos paneis de cata dos consellos reguladores das denominacións de orixe dos viños galegos, ás persoas interesadas en formar parte destes, expertos en análise sensorial e técnicos dos propios consellos reguladores. Así mesmo poderán asistir técnicos de adegas, investigadores, adegueiros, viticultores, estudantes e público en xeral”, tal e como explican os seus promotores.

Con esta xornada abrirase tamén o programa de actividades da XVIII Feira do Viño de Valdeorras, cuxos días grandes serán o 11 e 12 de xullo e que terá como escenario a praza de Viloira (O Barco).

Máis información: http://evega.xunta.gal/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close