EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre eficiencia enerxética no Barco

Será promovida pola Asociación de Empresarios de Valdeorras e terá lugar o vindeiro 15 de outubro
Detalle da imaxe sobre esta xornada.
Detalle da imaxe sobre esta xornada.

“Aforro de custes enerxéticos na empresa”. Este é o título da xornada de aforro enerxético que organizará o vindeiro 15 de outubro do Barco a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA)en colaboración con CO2 Smart Tech. Desenvolverase no Centro de Formación de AEVA no Barco (praza Andrés de Prada) cun horario de 20h. a 21:30h.

A través desta acción preténdese amosar “de forma eminentemente prática as claves para a redución de custes enerxéticos, os pasos e metodoloxía a seguir, as tendencias actuais de xestión e cómo se acada o éxito na eficiencia enerxética”. A xornada será impartida por Alberto Méndez, fundador e director de CO2 Smart Tech, e por Gema Rodríguez, responsable financeira desta mesma empresa.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición en AEVA.

Artigos relacionados

Back to top button
Close