ConcellosÚltima hora

Xornada sobre lombricultura doméstica, no Barco

A charla será o 28 de maio no multiusos a partires das 20:30h.

Composteiro

O mércores 28 de maio, o salón de actos do edificio multiusos do Barco de Valdeorras acollerá a partires das 20:30h. unha charla sobre lombricultura ou vermicompostaxe doméstica.

O acto está organizado pola Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Educación do Barco en colaboración con técnicos especilizados da empresa Ecocelta e está dirixido ao público en xeral, pero de forma especial aos cidadáns que dispoñen de composteiros nas súas fincas.

A xornada sobre lombricultura doméstica ten como finalidade dar a coñecer os conceptos necesarios para instalar e manter un cultivo de miñocas en sistema de cria doméstica. Deste xeito os participantes poderán valorizar os restos orgánicos que se xeran no ámbito do fogar, ou contemplar a lombricultura como modelo de autosuficiencia en explotacións agrícolas.

A actividade constará de varias partes. Por unha banda a presentación dos sistemas de lombricultura doméstica (motivación, necesidades mínimas, factores a ter en conta, descrición…), pero tamén se falará das miñocas e da súa crianza; dos residuos máis adecuados para levar a cabo a vermicompostaxe; e do resultado final.

Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button