EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Xornada sobre o aproveitamento sostible dos soutos en Trives e en San Xoán de Río

A primeira delas terá lugar o 19 de novembro ás 16h. no Auditorio Julio Vázquez trivés e a segunda o día 21 no Concello de Río

 

As variedades galegas de castaña, as características a ter en conta nas novas plantacións, a recollida, procesado e transformación deste froito, a súa comercialización e mesmo as pragas e enfermidades do castiñeiro. Son algúns dos temas que se abordarán no decurso da xornada “Nocións básicas para o aproveitamento sostible dos soutos de castiñeiros”, que se celebrará o 19 de novembro ás 16h. no Auditorio Julio Vázquez de Trives.

A exposición correrá a cargo do secretario da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Manuel López Vilariño. Na súa intervención tamén se abordará a importancia de contar cun selo de calidade para este produto de outono de alto valor engadido. Dous días despois, esta mesma sesión terá lugar ás 16h. no salón de plenos do Concello de San Xoán de Río.

Estas xornadas será organizada pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña (IXP) de Galicia e cos Concellos de Trives e de San Xoán de Río.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close