EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre planificación de plantacións de castiñeiro de froito en Parada de Sil

Será impartida pola IXP Castaña de Galicia e terá lugar o 12 de novembro entre as 11h. e as 15h. no salón de actos do Concello

O secretario da IXP Castaña de Galicia, durante unha xornada formativa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro 12 de novembro terá lugar en Parada de Sil unha xornada formativa sobre “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións”. A iniciativa, promovida pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, está dirixida a propietarios de terreos con castiñeiros ou a persoas interesadas en plantalos. A sesión terá lugar de 11h. a 15h. no salón de actos do Concello.

Os asistentes a esta charla, impartida polo secretario da IXP Castaña de Galicia, Manuel López Vilariño, aprenderán a planificar as súas plantacións, coñecendo as distintas variedades, polinizadores ou condicións do solo, así como consellos para o coidado dos castiñeiros, para a súa rega efectiva, para a fertilización ou para facer enxertos. Tamén se lles falará de repoboación, apuntando como se prepara o terreo, técnicas de roza ou de replanteo e de peches perimetrais para as parcelas.

As persoas interesadas poderán en asistir poderán descargar a folla de inscricón, que é gratuíta, en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2020 . Despois deberá cubrirse e enviarse ao correo info@castanadegalicia.org .

Estas charlas estanse a impartir dende comezos deste outono en diferentes puntos de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button