EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre prezos de exportación e rendabilidade, na CEO

Era impartida polo experto en internacionalización Albizu Soriano en Ourense

 

Un dos momentos da xornada desenvolvida na CEO.
Un dos momentos da xornada desenvolvida na CEO.

 

As estratexias de exportación e as ferramentas precisas para fixar os prezos máis axeitados que axuden ao éxito da operación eran algúns dos aspectos abordados por Albizu Soriano, experto en internacionalización, na conferencia “¿Como calcular os prezos de exportación e como saber a rentabilidade que se obtén? Estratexia de prezos e configuración de tarifas”, que tiña lugar na mañá do 16 de marzo na sede da CEO.

Tamén incidía en que “un dos grandes problemas das empresas ourensás para poder exportar con éxito é a falta de tamaño. Por iso deben suplilo coa asociación entre elas”, o que lles permitiría incrementar o volume das operacións, ganar capacidade de negociación diminuíndo os riscos e incrementando os beneficios. Ademais o ponente fixo un detido repaso por todas as variables que interveñen na venda de produtos no exterior.

A presentación do conferenciante corría a cargo do presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, quen comentaba que “o futuro empresarial debe contemplar o acceso aos mercados internacionais como unha estratexia imprescindible, pois ademais de ser unha forma de incrementar ventas e ampliar volume de negocio, durante épocas de crise como a que nos ten afectado de forma tan dura e directa ao longo dos últimos anos, constitúe unha alternativa para sortear o parón interno e contribuír decisivamente á supervivencia”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button