EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre técnicas de inxerta e poda do castiñeiro, en Manzaneda

É gratuíto e impartirase ao longo da xornada do 16 de fereiro no salón de actos do Concello

O Concello de Manzaneda organizará o vindeiro 16 de febreiro unha xornada sobre “Técnicas de inxerta e poda do castiñeiro” no salón de actos da Casa Consistorial. Pola mañá a sesión comezará ás 10h. e continuará ata as 13:30h. Xa pola tarde retormarase esta actividade formativa as 15h. e durará ata rematar.

Esta xornada é gratuíta e o único requisito para poder participar é “contar con navalla ben aguzada”. As prazas son limitadas (35/40) e o curso será impartido por Castanea Sativa.

As inscricións poden realizarse no Concello de Manzaneda (teléfono 988 333043).

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button